Literatura Galega de 2º Bacharelato. Diario de clase.

Blogue sobre a optativa de literatura galega de segundo de bacharelato.

De excursión….

Filed under: Sen clasificar — 29 novembro 2007 @ 12:28 pm

Con motivo da exposición que a Fundación Luís Seoane organizou sobre o exilio arxentino e a obra do dito autor, dous grupos de 2º de Bacherelato visitamos a dita Fundación para recompilar información  sobre a presenza galega no exilio. Xa dentro da Fundación Luís Seoane puidemos observar nunha fotografía exposta, a figura de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo ( fundadores do Laboratorio de Formas).         

 O Laboratorio de Formas naceu en 1963, como expresión da vontade dun grupo de exiliados que se propuxo o estudo das formas desenvoltas  no pasado de Galicia e as que continúan vixentes (característica que plasmou na súa cerámica). Tentou achegar mediante a sua obra, formas esquecidas que perviviron durante séculos, así como vestixios herdados da nosa cultura . O Laboratorio de Formas, sociedade sen fins de lucro, foi quen deseñou as liñas estructurais do grupo de empresas Sargadelos e planificou a súa actividade coa recuperación da cerámica de Sargadelos, a empresa de máis alento e prestixio do pasado galego. Tanto Luís Seoane como o Laboratorio de Formas e posteriormente o grupo Sargadelos tentaron e conseguiron  achegarnos coas súa cerámica personaxes míticos da nosa cultura: María Castaña, Gómez Chariño, Prisciliano, Roi Xordo, Pardo de Cela … entre outros, os cales investigamos.  

Ao mesmo tempo, aproveitamos a xornada para visitar a Real Academia Galega, onde nos achegaron máis datos sobre a vida e obra de  Emilia Pardo Bazán, que tiña na súa casa figuras de mulleres tanto en cadros, tapices e esculturas, dando a coñecer a súa idea de que a muller é un dos piares esenciais da sociedade e da cultura daquela época.  Moitas foron as heroínas femininas do noso pasado histórico e cultural: María Castaña, María Pita, María Soliña,…O personaxe que máis nos intrigou foi o de María Castaña, quen encabezou unha revolta contra o bispo de Lugo polos abusivos tributos que este cobraba. Esta muller quizais non tivo tanta sona como María Pita, pero foi parte fundamental da nosa historia.                      

Na época correspondente ó exilio galego cómpre salientar estas dúas figuras femininas : Maruxa Villanueva e María Casares ambas as dúas actrices galegas de sona.  

(http://www.culturagalega.org/especiais/mariacasares/index.htm ) 

 A continuación, acompañados dunha guía, fixemos un roteiro pola cidade vella ( baixo a visión que Emilia Pardo Bazán ofrece da Coruña ,Marineda, na súa obra.).

Na Praza da Leña (Praza de Azcárraga)

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)