Literatura Galega de 2º Bacharelato. Diario de clase.

Blogue sobre a optativa de literatura galega de segundo de bacharelato.

Estará todo nas nosas mans?

Filed under: Sen clasificar — 26 outubro 2007 @ 10:10 am

 Boas!! Que hai??

         Hoxe en día estase a admitir que a nosa lingua corre o perigo de desaparecer, como consecuencia do enorme uso que lle dá a meirande parte da xente ó castelán. Nós somos os responsábeis da transmisión do galego, polo tanto, debemos ter en conta a grande reliquia que temos nas nosas mans e aproveitala, xa que ela foi forte durante moitos anos grazas a todos aqueles que seguiron fieis a ela; agora debemos ser nós os encargados da súa conservación.

        Porén, ó lado deses datos xorden nos medios (televisión, Internet e prensa) multitude de artigos como por exemplo: “Un dos temas máis conflictivos en Galiza é o da lingua” (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2007/09/26/0003_6173870.htm). Trátase dunha conversa con Séchu Sende, o cal afirma que ata os 16 anos non comenzou a falar o galego, pero que agora, escribe e publica en galego (recomendámosvos o seu último libro Made in Galicia).

         Outro artigo relevante é “Guía sexual da sociolingüística”   (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/18/5818239.shtml) . Nel faise un símil entre a lingua galega e a lingua como parte do corpo.

         Estas dúas reseñas poden atoparse na hemeroteca de La Voz de Galicia.

         Do mesmo xeito, aparecen campañas publicitarias de organismos oficiais e empresas privadas como a da Consellería de turismo, a da Dirección Xeral de Política Lingüística “Elogo” ou a da empresa galega, Gadis (http://www.youtube.com/watch?v=PwqzWvVNNM8)  cos cales os galegos e galegas nos sentimos totalmente identificados, segundo a nosa forma particular de ser en comparación coa doutros lugares. Así mesmo fannos sentir orgullosos de ser galegos e galegas e recórdannos que debemos conservar o noso patrimonio cultural e lingüístico.

Por que será que sempre que nos mostran as nosas calidades e virtudes se nos enche o peito?

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)