Charla-café con Gustavo Pernas
O día 11 de maio fomos ó instituto de Imaxe e Son da Coruña para falar co dramaturgo Gustavo Pernas Cora.

Despois dunha pequena excursión polo centro na procura da cafetería, atopounos Gustavo e comezamos a entrevista entre Coca-Colas e cafés.
Dende o principio Gustavo mostrouse disposto a atender ás nosas preguntas e comezou por ofrecernos unha visión interna do mundo do teatro dende a súa perspectiva de autor, director e actor.Gustavo Pernas Cora, Viveiro 1959. Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) onde realiza diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro. Estudia Arte Dramático en Madrid.
Desde 1985 dedícase profesionalmente ó teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. É autor de relatos e guións de televisión e realizador de curtametraxes. Actor e director de dobraxe. Colaborador en distintos programas de radio. Participante en numerosas mesas redondas, ponencias e conferencias. Desde 1997 imparte aulas en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, Profesor de Guión no Centro de Formación do Profesorado, Profesor de Dramaturxia no Master de Estudios Teatrais e Audiovisuais da Universidade da Coruña e de Arte Actual e Dramaturxia nesta mesma Universidade, en Pedagoxía Teatral.
En 1989 funda con Anxela G. Abalo a compañía de teatro ANCORA PRODUCCIÓNS na que dirixe e interpreta os seus propios textos.
Entre as súas obras destacan “O galego, a mulata e o negro”, “Ladraremos”, “Fábula”, “Anatomía dun hipocondríaco” ou “Footing”, todas elas premiadas. Entre as últimas galardoadas está “Final de película” coa que recibíu o premio Max deste ano.
Recentemente acaba de conseguir o premio de escritores en língua galega pólo texto Medidas preventivas.
No Comments »
No comments yet.
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>