Literatura Galega de 2º Bacharelato. Diario de clase.

Blogue sobre a optativa de literatura galega de segundo de bacharelato.

Impresións sobre os narradores da posguerra

Filed under: Sen clasificar — 2 maio 2007 @ 10:09 am

Rematamos de ler os autores da posguerra (Cunqueiro, Fole, Blanco Amor…).
Queremos resumir as nosas impresións sobre esta literatura, antes de centrarnos na literatura posterior, en certos aspectos tan diferente a esta.
Un dos aspectos que máis nos chamou a atención destes autores foi a súa riqueza léxica, xa non só pola elaboración que ten, senón tamén porque resulta unha fonte na que se poden atopar palabras que hoxe en día non empregamos tanto, por mor do abandono do noso idioma, pero que ademais resulta gratificante observar que realmente existen e poden ser empregadas.
Outro aspecto que destacamos é a transmisión de coñecementos etnográficos a través dos relatos. Isto permítenos coñecer costumes , tradicións e crenzas dos pobos galegos mediante historias como as dos lobos, os relatos dos menciñeiros de Cunqueiro,…Crenzas que non coñecemos e que son tan importantes porque forman parte da nosa cultura galega.
Estes autores empregan a fantasía a miúdo, e mestúrana coa realidade, o que fai os seus escritos moi amenos e á vez didácticos, xa que mostran de novo as crenzas e á vez os medos da xente de antes. Coidamos que esta literatura conforma un corpus fantástico do que poderiamos tirar moito proveito. Non precisamos recorrer a Dráculas, zombies e todas esas personaxes que nos entran vía Hollywood, ¡temos aquí materia prima sen explotar de primeira man…!

No Comments »

No comments yet.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(required)

(required)